Goberno de Xibraltar

O Parlamento en sesión.

O Goberno da Súa Maxestade de Xibraltar é o goberno democraticamente elixido do territorio británico ultramarino de Xibraltar. O goberno ten a Raíña Isabel II (representada por un Gobernador - actualmente, Sir Adrian Johns) como o seu xefe de Estado. As eleccións celébranse cada catro anos, cun parlamento unicameral de 18 membros (17 membros elixidos por voto popular e un membro, o "Speaker", nomeado polo Parlamento). Os mandatos son tamén de catro anos.[1]

  1. Central Intelligence Agency (ed.). "Gibraltar". The World Factbook (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12-04-2018. Consultado o 14-09-2012. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy